O martes día cinco de maio agardábanos unha mañá
moi especial. O día prometia, pois tratábase de facer un roteiro en torno á
figura de
Mª Castaña e visitar os lugares emblemáticos pola localidade de Pobra do Brollón e Cereixa.
Para isto
contamos coa participación dunha xoia que ten as súas raíces neste concello: o arqueólogo e
investigador Xurxo Ayán Vila. Tivemos pois un guía de luxo que elaborou un
itenario dirixido ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º e nos embriagou de información sobre o noso
patrimonio.
Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades
que estamos a realizar dende o colectivo
Lemos
Le en colaboración co CIM de Monforte de Lemos de coñecer cada ano unha muller da nosa zona.
Este ano adícaselle a Mª Castaña, nada nunha parroquia deste concello, Cereixa, parroquia tamén de Xurxo Ayán. Por iso tamén nos acompañaron neste roteiro as
responsables da biblioteca municipal do concello, e é un preludio dun roteiro
vindeiro destinado a adultos no que tamén teremos a sorte de ter de guía a Xurxo Ayán.
Con estas circunstancias, non hai mellor
xustificación para desenvolver un dos proxectos de traballo do noso centro en
torno á Idade Media: recoller información, analizar e coñecer
esta época para crear o contexto histórico e sociocultural de Mª Castaña e de camiño o
noso propio.
Xurxo chegou ao colexio ás
9:45horas horas. Deseguida
soubemos que estabamos ante unha persoa sinxela, humana, sensible… que transmitia coñecementos e valores… Así enganchounos a tod@s e especialmente ao
alumnado que o acompañaría toda a mañá expectante ante as súas explicacións cos
seus cadernos de notas, por certo, as libretas da Biblioteca.
1.º parada. A FONTELA, unha casa, ubicada no alto da Pobra, a par dun
camiño de entrada á localidade, hoxe pouco usado, pero naquela época “o Camiño Real”. A casa Conserva un escudo de pedra de granito traída de Incio. Os debuxos,
simbolizan: cadrados Familia Andrade, círculos familia dos Castro
que casaron formaron os Condes de Lemos. O escudo identifica a casa dos nobres, ou señor, donos das terras que
á súa vez dependían dos condes de Lemos. Aquí aproveitou moi ben para contarlles como era a sociedade na idade
media e os medios de vida.
2ª Parada: unha excavación que nos permite coñecer o tipo de pedra que hai
na zona alta da Pobra, rocha
metamórfica, xistos e lousas... materiais que se empregan nas construcións.
Máis adiante preto do rio veremos outras, os coios.
3º Parada: Comezando a baixar vista panorámica da
localidade e ao lonxe dos Castros que rodearon esta localidade: O de Chavaga, Castroncelos,
Castrosante, Ferreirúa…
4ª Parada: o parque unha pedra enorme, Que observamos xa que é contén materiales da
zona. Observan o cuarzo o xeixo que é unha pedra moi dura e ten moitos usos.
Observación e diferenciación entre a parte máis recenté da Pobra e máis antiga,
a par do camiño real.
5ª Parada: Paseo pola beira do rio. Parada donde desemboca
o Rubín no Saa. Explicación das lendas acerca de cómo se fundou a Pobra: a das formigas (Lenda de Miraflores), a
das loitas entre as familias de dous castros: os dos Medos e o da familia de Saa, e a lenda dos Guímaros que supuxo a rebelión dos campesinos da Pobra
contra o pago de impostos ao conde de lemos. Explicalles tamén antes de entrar
no Casco vello a versión real da fundación, mandada construír polo rei Alfonso
IX.
Observación: como é este casco vello, ao que vamos entrar,
ubicado entre os dous ríos. Ten forma de améndoa porque a Pobra tivo
muralla!. Un descubrimento para
tod@s. A muralla tiña moitas funcións: defensa, cobrar impostos, evitar
epidemias…
6ª Parada: O casco vello. Explicación do material empregado
para construír unha casa con materiais da zona ante unha casa en ruinas e de
camiño os
medios de vida e costumes.,
Introducímonos polo casco vello visitamos o calexón e a praza da
Condesa nomes alusivos á Condesa de Lemos.
7ª Parada: a ponte de Santo Antón. Esta capela está nun
cruce na ponte. Explicación da capeliña, moi
típicas da idade Media, nas entradas das ciudades e nos crueces. Este é un
exemplo; a xente cre neste Santo como protector das persoas e dos animais por
iso está a carón da ponte medieval. Da ponte só se conserva unha
parte dado que foi reparada con cemento. Esta ponte era a entrada á vila da
Pobra.
8ª Parada: a igrexa ubicada no alto do casco vello. Aquí houbo outro Castro. Observación dende este lugar da contorna próxima
con altos sobre os que se asentaron diversos Castros. Esta igrexa foi
construída con material de restos dun castelo e unha torre que existiron na
idade media.
Esta é unha igrexa bastante
monumental, Ten tres naves en
planta de cruz latina. porque a Pobra do Brollón tivo unha xurisdicción importante. Destaca a súa Bóveda construída con materiais
da zona: os coios, xistos, e granito que inda que non é da zona é unha pedra
doada de traballar.
9ª Baixada da Igrexa: parada nunha casa que conserva un arco,
posiblemente a antiga casa do concello, xa que está nunha rúa principal. Consérvase pouca
documentación do noso pobo pois cando
entraron os
franceses arrasaron parte de
Monforte e tamén da Pobra. Queimaron a casa do Concello antiga e tamén os
arquivos que contillan documentación.
10ª Parada: Visita a unha pedra que se descubriu hai cinco
anos aproximadamente, facendo obras nunha rúa.
Estaba enterrada, ten unha inscripción na que se le: "Año 1640. Esta ermita
de la Magdalena la mandó construír Fernando Salgado capellán de los Condes de
Lemos". sobre esta pedra investigará Xurxo. De seguro que
nos aporta máis historia…
11ª Falcón: Subimos ao autobús para chegar a Cereixa e visitar unha casa con arco así como o primeiro
lugar donde se supón que naceu Mª Castaña, Falcón. Hai dúas teorías do lugar onde naceu: Falcón
e outra que di que naceu na outra marxe
do río, no barrio da Lende. Visitamos aquí, outra casa con arco, que perteneceu aunha familia pudiente, a dos Camba, que ademáis tiña capela e contounos a historia de Mª Castaña.
Non sabemos o lugar exacto do seu nacemento pero
sí que foi en Cereixa e que Mª Castaña, nunha protesta contra os impostos abusivos matou un maiordomo do bispo de Lugo.
No Archivo Histórico
Nacional de Madrid consérvase un documento que nos dí que Mª Castaña arrepentida, chegou a un acordo co Bispo de Lugo, para ser perdoada, e deulle 1000
maravedís e as súas terras de Cereixa. A partir do Século XIV Cereixa, inda que pertenecia á Xurisdicción da
Pobra do Brollón dependia directamente do bispo de Lugo que era o seu señor.
Aquí atopamos un veciño que nos contou unha lenda dos mouros, a Mariquiña que foi comida por unha moura. Despois Xurxo contounos unha segunda versión, na que a moura lle cortara a lingua a Mariquiña
por contar que a vira.
12ª Parada: Pasamos por un camiño, donde nas paredes sen muros das fincas, que están máis elevadas co camiño, observamos o outro tipo de pedras da nosa zona na parte baixa, pois estamos preto do rio. Aquí observamos os coios.
13ª Cruzamos o río Saa por unha ponte recente na que paramos para explicarlles as canalizacións que fan as
persoas para aprovitar as augas para os muiños e para poder regar. Tamén nos explicau Xurxo que os romanos aproveitaron as augas deste río Saa para extraer
ouro, sendo esta zona un
lugar de moita actividade para a
explotación de ouro, conservando moitos vestixios desta acitividade.
14ª A Lende. Visitamos unha
casa que ten outra pedra con inscripción que procede dunha capela que existiu na época medieval a capela de San Lourenzo, no castro
da Lende, que ademáis tamén recibe o nome de Castro de San Lourenzo. Contounos outra desas historias maravillosas que
mezclan a realidade, a devoción e a lenda: Esta hermida foi construída porque
nunha época de moita sequia a xente sacou a San Lourenzo, que morreu según
contan, queimado, mollárono no rio e entón choveu. Así fixeron a capela baixo a
crenza de que San Lourenzo era bo para chamar a choiva.
Esta pedra
pertenceu á porta da capela e
conserva a data: 1875 e "Ave
María", unha forma de saúdo.
Como podedes ver foi unha clase desas que nos fan
sentir a todos repletos de información e tamén de valores. Aprendemos
moito da historia
da Pobra e a valorar o noso pobo. De seguro que dende este día tod@s o miramos con máis respecto, porque ademáis de saber moito máis despois de escoitar a Xurxo, tamén medramos en autoestima, no concepto de pobo con
valor.
Daremos conta do traballo que con esta rica
información están a realizar os rapaces por iso non detallamos máis as paradas,
nin as lendas..
Agradecer con maiúsculas a boa vontade de Xurxo que accedeu encantado á nosa proposta e
manifestar dende aquí que Tod@s os que
o acompañamos esa mañá recibimos unha clase
maxistral.
Esperamos que nos visite moitas veces, e nos siga enriquecendo.
Para saber a donde vamos, que mellor que coñecer de donde vimos.
|