O pasado xoves 23 conmemoramos unha data moi significativa, o Día do Libro. Xustamente
cúmprense anos do falecemento de Cervantes, shakespeare, Garcilaso de Vega…así
que é un día simbólico para a literatura universal, para rendir homenaxe ao
libro, aos seus autores. E por outro lado para axudarlles aos máis novos a que
descubran o pracer pola lectura, as numerosas posibilidades que un libro
ofrece, as viaxes que podemos facer a través deles, o que nos ensinan, o que
descubrimos, o que imaxinamos…
“Os libros son amigos que nunca decepcionan”. Thomas Carlyle
No centro, realizamos as seguintes actividades:
Madriñas, padriños e afillad@s lectores.
Como xa ven sendo unha tradición entre outras actividades, unha fixa é a sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos. Así “os nen@s de 3º,4º,5º e 6º serán madriñas e
padriños de afillad@s de 1º,2º e infantil”.
Os contos foron seleccionados polo equipo de biblioteca tendo en conta as
novidades conxugadas con temas de valores, a extensión e as ilustracións.
Previamente, fíxose un sorteo para distrubuír padriñ@s e afillad@s.
Previamente, fíxose un sorteo para distrubuír padriñ@s e afillad@s.
Para o alumnado de 3º e
parte de 4º escollemos os contos da colección emocións, nove
contos da editorial Baía edicións. Cada conto trata un tema: a morte, a tranquilidade, a
alegría, a impulsividade,a tristeza, o medo, a asertividade, a rabia, a
preocupación .
O resto de contos tamén de OQO ou calandraka abordaban temas diversos: a
reciclaxe, a igualdade, a amizade...
Para os demais cursos escollemos Crisol
e a súa estrela (Contos para
sentir), Iriña bailarina (a igualdade conta), O carameliño sen cor e sen sabor , A
moeda de ouro, Yared e a
reciclaxe, A billa de Xoán, Andrés o mentireiro. Todos eles
de Nova Galicia Edicións.
As manoplas de carapuchiña de
OQO e Crocodilo namorado.
Unha vez contado, o
alumnado fixo unha breve reflexión sobre
a temática do seu libro, as personaxes, o que se nos transmite…é moi importante
pensar, opinar, ser críticos…
Nun día así, ten ben merecido un aplauso Agustín Fernández Paz, autor máis
lido polo alumnado..Recordamos libros lidos del conxuntamente a nivel de aula:
-3º e 4º: “Fantasmas no
corredor”
-5º e 6º: “Malos tempos
para os fantasmas”, “Contos
por palabras”
Outros que leron individualmente da nosa biblioteca: “Dende unha estrela distante”, “O único que queda é o amor” , “As
flores radiactivas”…
Este intre aproveitámolo para darlle un premioaos nosos mellores lectores:
-Marcos 5º: leu no
curso 18 libros
-Candela 4º: 20 libros
-Sheila 5º: 25.
Outra actividade que tivo moito éxito, que se agardaba con expectación foi…
Conto viaxeiro
Creación entre tod@s dun conto, empezando en infantil e rematando en 5º e
6º.. Pasou polas aulas con moita ilusión, imaxinación… E volverá con máis
calma para seguir disfrutando del.
Como non podía ser doutro xeito, lémolo entre tod@s para coñecer a maxiaque garda cada unha das súas páxinas.
Ten por título “O monstruo e a maxia de San Xoán”
“Un libro aberto é un cerebro que fala, pechado un amigo que espera;
esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”. Proverbio
Hindú