xoves, 14 de maio de 2015

UN ROTEIRO DE LUXO CON XURXO AYÁN VILA



O martes día cinco de maio agardábanos unha mañá moi especial. O día prometia, pois tratábase de facer un roteiro en torno á figura de Mª Castaña e visitar os lugares emblemáticos pola localidade de Pobra do Brollón  e Cereixa.

 Para isto contamos coa participación dunha xoia que ten as súas raíces neste concello: o arqueólogo e investigador  Xurxo Ayán Vila. Tivemos pois un guía de luxo que elaborou un itenario dirixido ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º e nos  embriagou de información sobre o noso patrimonio.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades que  estamos a realizar dende o colectivo Lemos Le en colaboración co CIM de Monforte de Lemos de coñecer cada ano unha muller da nosa zona. Este ano adícaselle a  Mª Castaña, nada nunha parroquia deste concello, Cereixa, parroquia tamén de Xurxo Ayán. Por iso tamén nos acompañaron neste roteiro as responsables da biblioteca municipal do concello, e é un preludio dun roteiro vindeiro destinado a adultos no que tamén teremos a sorte de ter de guía a Xurxo Ayán.

Con estas circunstancias, non hai mellor xustificación para desenvolver un dos proxectos de traballo do noso centro en torno á Idade Media: recoller información, analizar e  coñecer  esta época para crear o contexto histórico e sociocultural de Mª Castaña e de camiño o noso propio.

Xurxo chegou ao colexio ás 9:45horas horas. Deseguida soubemos que estabamos ante unha persoa sinxela, humana, sensible… que  transmitia coñecementos e valores… Así enganchounos a tod@s e especialmente ao alumnado que o acompañaría toda a mañá expectante ante as súas explicacións cos seus cadernos de notas, por certo, as libretas da Biblioteca.

1.º parada. A FONTELA, unha casa, ubicada no alto da Pobra, a par dun camiño de entrada á localidade, hoxe pouco usado, pero naquela época o Camiño Real”.  A casa Conserva un escudo de pedra de granito traída de Incio. Os debuxos, simbolizan: cadrados Familia Andrade, círculos familia dos Castro que casaron formaron os Condes de Lemos. O escudo identifica a casa dos nobres, ou señor, donos das terras que á súa vez dependían dos condes de Lemos. Aquí aproveitou moi ben para contarlles como era a sociedade na idade media e os medios de vida.

2ª Parada: unha excavación que nos permite coñecer o tipo de pedra que hai na  zona alta da Pobra, rocha metamórfica, xistos e lousas... materiais que se empregan nas construcións. Máis adiante preto do rio veremos outras, os coios.
3º Parada: Comezando a baixar vista panorámica da localidade e ao lonxe dos Castros que rodearon esta localidade: O de Chavaga, Castroncelos, Castrosante, Ferreirúa…

4ª Parada: o parque unha pedra enorme, Que observamos xa que é contén materiales da zona. Observan o cuarzo o xeixo que é unha pedra moi dura e ten moitos usos. Observación e diferenciación entre a parte máis recenté da Pobra e máis antiga, a par do camiño real.
5ª Parada: Paseo pola beira do rio. Parada donde desemboca o Rubín no Saa. Explicación das lendas acerca de cómo se fundou a Pobra: a das formigas (Lenda de Miraflores), a das loitas entre as familias de dous castros: os dos Medos e o da familia de Saa, e a lenda dos Guímaros que supuxo a rebelión dos campesinos da Pobra contra o pago de impostos ao conde de lemos. Explicalles tamén antes de entrar no Casco vello a versión real da fundación, mandada construír polo rei Alfonso IX.

 Observación: como é este casco vello, ao que vamos entrar, ubicado entre os dous ríos. Ten forma de améndoa porque a Pobra tivo muralla!. Un descubrimento para tod@s. A muralla tiña moitas funcións: defensa, cobrar impostos, evitar epidemias… 


6ª Parada: O casco vello. Explicación do material empregado para construír unha casa con materiais da zona ante unha casa en ruinas e de camiño os medios de vida e costumes.,
Introducímonos polo casco vello visitamos o calexón e a praza da Condesa nomes alusivos á Condesa de Lemos.

7ª Parada: a ponte de Santo Antón. Esta capela está nun cruce na ponte.  Explicación da capeliña, moi típicas da idade Media, nas entradas das ciudades e nos crueces. Este é un exemplo; a xente cre neste Santo como protector das persoas e dos animais por iso está a carón   da ponte medieval.  Da ponte só se conserva  unha parte dado que foi reparada con cemento. Esta ponte era a entrada á vila da Pobra.

8ª Parada: a igrexa ubicada no alto do casco vello. Aquí houbo outro Castro. Observación dende este lugar da contorna próxima con altos sobre os que se asentaron diversos Castros. Esta igrexa foi construída con material de restos dun castelo e unha torre que existiron na idade media.

 Esta é unha igrexa bastante monumental, Ten tres naves en planta de cruz latina.  porque a Pobra do Brollón tivo unha xurisdicción importante. Destaca a súa Bóveda construída con materiais da zona: os coios, xistos, e granito que inda que non é da zona é unha pedra doada de traballar.

9ª Baixada da Igrexa: parada nunha casa que conserva un arco, posiblemente a antiga casa do concello, xa que está nunha rúa principal. Consérvase pouca documentación do noso pobo pois cando entraron os franceses arrasaron parte de Monforte e tamén da Pobra. Queimaron a casa do Concello antiga e tamén os arquivos que contillan documentación.

10ª Parada: Visita a unha pedra que se descubriu hai cinco anos aproximadamente, facendo obras nunha rúa.  Estaba enterrada, ten unha inscripción na que se le: "Año 1640. Esta ermita de la Magdalena la mandó construír Fernando Salgado capellán de los Condes de Lemos". sobre esta pedra investigará Xurxo. De seguro que nos aporta máis historia…

11ª Falcón: Subimos ao autobús para chegar a Cereixa e visitar unha casa con arco así como o primeiro lugar donde se supón que naceu Mª Castaña, Falcón. Hai dúas teorías do lugar onde naceu: Falcón e   outra que di que naceu na outra marxe do río, no barrio da Lende. Visitamos aquí, outra casa con arco, que perteneceu aunha familia pudiente, a dos Camba, que ademáis tiña capela e contounos a historia de Mª Castaña.

Non sabemos o lugar exacto do seu nacemento pero sí que foi en Cereixa e que Mª Castaña, nunha protesta contra os impostos abusivos  matou un maiordomo do bispo de Lugo.

No Archivo Histórico Nacional de Madrid consérvase un documento que nos dí que Mª Castaña  arrepentida, chegou a un acordo co Bispo de Lugo, para ser perdoada, e deulle 1000 maravedís e as súas terras de Cereixa. A partir do Século XIV Cereixa, inda que pertenecia á Xurisdicción da Pobra do Brollón dependia directamente do bispo de Lugo que era o seu señor. 

 Aquí atopamos un veciño que nos contou unha lenda dos mouros, a Mariquiña que foi comida por unha moura. Despois Xurxo contounos unha segunda versión, na  que a moura lle cortara a lingua a Mariquiña por contar que a vira.

12ª Parada: Pasamos por un camiño, donde nas paredes sen muros das fincas, que están  máis elevadas co camiño, observamos o outro tipo de pedras da nosa zona na parte baixa, pois estamos preto do rio. Aquí observamos os coios.

13ª Cruzamos o río Saa por unha ponte recente na que paramos  para explicarlles as canalizacións que fan as persoas para aprovitar as augas para os muiños e para poder regar. Tamén nos explicau Xurxo que os romanos aproveitaron as augas deste río Saa para extraer ouro, sendo esta zona un lugar de moita actividade  para a explotación de ouro, conservando moitos vestixios desta acitividade.

14ª A Lende. Visitamos unha casa que ten outra pedra con inscripción que procede dunha capela que existiu na época medieval a capela de San Lourenzo, no castro da Lende, que ademáis tamén recibe o nome de Castro de San Lourenzo. Contounos outra desas historias maravillosas que mezclan a realidade, a devoción e a lenda: Esta hermida foi construída porque nunha época de moita sequia a xente sacou a San Lourenzo, que morreu según contan, queimado, mollárono no rio e entón choveu. Así fixeron a capela baixo a crenza de que San Lourenzo era bo para chamar a choiva. 

Esta pedra  pertenceu á porta da capela  e conserva a data: 1875 e "Ave María", unha forma de saúdo.

Como podedes ver foi unha clase desas que nos fan sentir a todos repletos de información e tamén de valores.  Aprendemos moito da historia da Pobra e a valorar o noso pobo. De seguro que dende este día tod@s o miramos  con máis respecto, porque ademáis de saber moito máis despois de escoitar a Xurxo, tamén medramos en autoestima, no concepto de pobo con valor.  

Daremos conta do traballo que con esta rica información están a realizar os rapaces por iso non detallamos máis as paradas, nin as lendas..

Agradecer  con maiúsculas a boa vontade de Xurxo que accedeu encantado á nosa proposta e manifestar dende aquí que  Tod@s os que o  acompañamos   esa mañá recibimos unha clase maxistral.

Esperamos que nos visite moitas veces,  e nos siga enriquecendo.

Para saber a donde vamos, que mellor que coñecer de donde vimos.






luns, 11 de maio de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS CON ESTEFANIA PADULLÉS

O venres 8 veu a escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS ao noso centro.
Realizou dúas sesións de contacontos: unha para3º,4º,5º e 6º e outra para infantil e 1º e 2º, na que lles presentou o conto " Os desexos do gato klops".
Contoulles aos nen@s como se crea unha historia, como se edita, como se ilustra…porque Estefanía tamén é ilustradora.
Respostou ás preguntas dos rapaces que sentiron a proximidade dunha escritora e ilustradora ao lado da súa creación. É unha experiencia moi positiva, xa que cando len os libros parécelles que o autor é algo lonxano, casi máxico... así que un ano máis coñeceron outra  escritora... e de novo puideron sentir que é unha profesión para a que se precisa creatividade; eles téñena, queda cultivala.
Adicounos dous contos dela que tiñamos no centro. Ao alumnado quedoulle moi bo sabor de boca; todos querían ler de novo  o conto, así que nos vindeiros días seguro que é un dos máis solicitados, polo que "Os desexos do gato klops" visitará as aulas na hora de ler.
Despois tamén traballou esa parte que ás veces é máis descoñecida, pois gústannos os debuxos das historias, pero… quen os fixo?
Así que nunha sesión con tod@s empezou debuxando o gato e foi creando outros personaxes do conto según lle ían dicindo os rapaces...

Por tanto, tamén asistimos á creación de ilustracións en directo, de xeito espontáneo. Este traballo deu lugar a un fermoso mural que Estefania adicou aos nenos e nenas do CEIP da Pobra do Brollón.